A nave de redeiras acollerá o 12 e 13 de xuño o proxecto artístico "En conserva"
Os promotores da iniciativa, onte na presentación na nave de redeiras de Cangas. // Gonzalo Núñez
G.M.P. - CANGAS "En conserva" , un proxecto artístico sobre a fábrica de Massó, reunirá os días 12 e 13 de xuño a máis de 30 artistas na nave de redeiras de Cangas. Pintura, escultura, fotografía, ilustración, video, música, teatro e literatura comparten espazo nesta iniciativa organizada pola Asociación Kultural Deskarga Furtiva que nace como alternativa de expresión para os creadores da Ría de Vigo. A conserveira de Massó, que deu emprego a centenares de morracenses durante varias décadas, sirve de guía para esta edición –que se presenta ao marxe da polémica aberta polo desenvolvemento urbanístico da zona, ainda que reinvindicando a conservación destes bens patrimoniais –, ainda que os promotores teñen intención de darlle continuidade en anos vindeiros abordando tamén outras temáticas.
A programación abrirá o sábado 12 de xuño ás sete da tarde, coa mostra colectiva de arte. Para as 11 da noite está prevista a proxección nocturna de fotografías, acompañada da actuación en directo do violonchelista José Ramón Rocha. A compañía Teatro Nu levantará o telón á medianoite, e a continuación haberá unha proxección de vídeos documentais sobre Massó.Amplo programa
O domingo 13 manterase aberta a exposición colectiva de arte, e a mediodía actuará a coral Santiago Apóstol. Á unha da tarde poderanse degustar conservas da marca Massó e outros produtos (coa colaboración de Pita Hermanos), nunha actividade adicada aos antigos traballadores da conserveira que contará coa intervención poética de Ania González. E a continuación actuará "O neto de Manoel".
Pola tarde pintarase un mural dirixido ao público infantil; haberá unha exhibición dos debuxantes Luis Davila e Alberto Guitián, que realizarán viñetas de gran formato, entregaranse os premios do certame de debuxo e actuará Balea´s Blues Quintet.
O talento ao servizo da fábrica
O talento ao servizo da fábrica
Centos de cangueses participaron onte na intensa programación do proxecto artístico colectivo "Enconserva"
A degustación de conservas da marca Massó contou cunha alta participación. // Gonzalo Núñez
FRAN G. SAS - CANGAS A antiga conserveira de Massó erixiuse este fin de semana en protagonista da vida cultural canguesa, pois en torno a ela se celebrou o proxecto artístico "Enconserva" na nave das redeiras. Centos de persoas pasaron, sobre todo ao longo do día de onte, por unha exposición colectiva que acolleu traballos de máis de 40 artistas, todos do Morrazo ou da súa contorna. O público percorreu unha exposición que contou con fotografías de autores como Xabier Castro, Laura González ou Rosa Neutro entre outros nove autores. Todas as fotografías reflectían o estado de abandono actual da antiga fábrica.
A mostra completouse con pinturas de xente como Eva Calvar, Francisco Cerviño ou os irmáns Ricardo e Joaquín Sobreira, con varias esculturas e cunha proxección permanente de vídeos antigos sobre a factoría. Os máis pequenos tamén tiveron cabida nun proxecto que aspira a ter continuidade, pois a entrada á nave estaba decorada cos debuxos sobre a vella fábrica feitos polos alumnos do Colexio Compañía de María e flanqueados por un fragmento do poema "Oda ós mariñeiros de Cangas", de Bernardino Graña.
"Enconserva" naceu coa intención de darlle cabida a todas as disciplinas artísticas para "achegar, dende a arte, o elemento patrimonial da fábrica de Massó ás novas xeracións e facer lembrar ás máis veteranas o que supuxo a vida na conserveira e a súa importancia social e económica en Cangas". E, a xulgar pola afluencia, semella que os organizadores, o colectivo Deskarga Furtiva, conseguiron esa mestura de xeracións. Pois ao longo das distintas actividades que se sucederon onte foron moitas as familias enteiras, nenos e avós incluidos, os que se achegaron ao entorno da nave das redeiras.
Na exposición non faltaron textos alusivos á importancia de conservar este elemento patrimonial, cuxa autoría corresponde a Xosé Vázquez Pintor e Francisco Alfaro entre outros. Un lugar de relevancia ocupaba a carta, escrita para a ocasión, de Eusebi Casaneles Rahola, presidente de honor do Comité Internacional para a Conservación do Patrimonio Industrial, onde defende a necesidade de evitar un maior deterioro da nave de Massó, definindo o conxunto como "un monumento industrial de primeiro orde" e cunha importancia que traspasa fronteiras.
Dende o mediodía sucedéronse as actuacións, primeiro foi a Coral Santiago Apóstol a que deleitou aos asistentes cun pequeno concerto. A "sesión vermú" celebrouse, como non podía ser doutro xeito, cunha degustación de conservas da marca Massó, adicada aos antigos traballadores e que contou, como telón de fondo, cunha intervención poética de Ania González con sons gravados de traballadores relacionados co mundo do mar. O cantautor "O neto de Manoel" puxo o punto e seguido cun pequeno concerto.
Pola tarde retomáronse os actos coa participación de varios nenos, que pintaron un mural conmemorativo. O protagonismo o tomaron despois os debuxantes profesionais, trátase de Luís Davila e Alberto Guitián, que tiraron de humor e enxebrismo mentres realizaron varias viñetas xigantes.
O programa do proxecto artístico continuou cunha presentación do libro "Conservas", do poeta moañés Daniel Costas e coa entrega de premios do certtame de debuxo. O conxunto Balea´s Blues Quintet foron os encargados de pechar, cun concerto, unha intensa programación que xa congregou a moita xente o sábado pola noite. Entón se proxectaron fotografías históricas e unha representación da compañía "Teatro Nu" prolongou as actividades ata ben entrada a madrugada.